OLLANDO Ó FUTURO

Que queremos conseguir có proxecto ó longo prazo?

Como o seu propio nome indica: “O barrio accesible: comercio TEAtende”, ten como obxectivo final a creación de barrios accesibles, que permitan ás persoas con TEA desprazarse con autonomía, facendo uso de todos os servizos que istos ofrecen.

Nestes momentos, “O barrio accesible: comercio TEAtende”, atópase na súa primeira fase. O obxectivo, desta primeira fase, consistiu na recollida de información, neste caso as necesidades, dos principais implicados no proxecto: as persoas con TEA e as súas familias, e os comerciantes do comercio de proximidade de Santiago de Compostela. 

Toda esta información queda recollida, co obxectivo de pasar á seguinte fase, a visita presencial aos comerciantes. Nesta fase, como especialistas en materia do Trastorno do Espectro do Autismo, a finalidade será asesorar aos comerciantes sobre o establecemento de medidas de accesibilidade cognitiva que faciliten o acceso e uso dos seus comercios, como a sinalización dos espazos e produtos e o coñecemento de pautas para conseguir unha comunicación eficaz.

É importante, para pechar esta fase, que as persoas con TEA fagan uso deses comercios, co obxectivo de que sexan eles mesmos quen valoren a súa accesibilidade cognitiva.

Unha vez realizadas estas accións, o proxecto “O barrio accesible: comercio TEAtende”, pretende converterse nun comercio piloto, que sirva como modelo para outros servizos da cidade, como a hostalaría ou a restauración.

O feito de converter o barrio, con todos os seus servizos, nunha contorna accesible, será a súa vez, unha fonte de sensibilización sobre a realidade do colectivo TEA, para toda a poboación.