Como referentes especializados, o servizo de accesibilidade cognitiva da Federación Autismo Galicia, ten como obxectivo a creación de contornas accesibles a través da aplicación de medidas que favorezan a comprensión de información e utilización de espazos e servizos por parte das persoas con TEA.
Co desenvolvemento destas medidas tanto en espazos públicos como privados, este servizo convértese á súa vez nunha fonte de sensibilización sobre a realidade das persoas con TEA.
En que podemos axudarte?
Na avaliación das necesidades e barreiras cognitivas do espazo que queres transformar.
Na sinalización dos teus espazos, bens e servizos mediante a sinalética con pictogramas ARASAAC, que facilitan ás persoas con dificultades cognitivas e de comunicación a súa comprensión.
Formándote para mellorar a túa comunicación e a interacción social, no caso de que pola túa actividade profesional ou persoal, teñas relación ou trato con persoas con TEA.
Asesorándote na mellora de medidas que faciliten a accesibilidade cognitiva das persoas
Ofrecéndote materiais que faciliten ás persoas con TEA a comprensión de procesos, normas ou actividades.
Na elaboración de publicacións e recursos en lectura fácil.