1 DE 100 PLUS COLEXIOS PROFESIONAIS

O proxecto 1 de 100 Plus pretende incidir sobre a necesidade fundamental de ter profesionais formados en accesibilidade cognitiva e na especialización de TEA que palíen o descoñecemento e vulnerabilidade co que frecuentemente atópanse na atención e o acceso aos servizos, as persoas con TEA.


O proxecto 1 de 100 Plus, da Federación Autismo de Galicia é un proxecto financiado pola Deputación da Coruña e está destinado a superar barreiras cognitivas e comunicación social que obstaculizan o desenvolvemento autónomo da persoa con trastorno do espectro do autismo, en diante TEA, nos servizos e centros sanitarios que realizan o apoio terapéutico ás súas necesidades.


Ten como obxectivo á sensibilización por medio dunha serie de formacións gratuítas enfocadas aos profesionais do ámbito sanitario para achegar as particularidades do trastorno do espectro do autismo e as estratexias en accesibilidade cognitiva para a mellora das intervencións e contornas sociosanitarias.


1 de 100 Plus pretende formar a especialistas dos diferentes colexios profesionais, ademais de contribuír á sensibilización, á mellora do coñecemento dos profesionais colexiados e a tecer redes de colaboración por medio de conferencias formativas.

Subvencionado pola Deputación da Coruña.