MEDIDAS EN ACCESIBILIDADE COGNITIVA PARA OS COMERCIOS
Como comerciante, como podo facilitar a accesibilidade cognitiva no meu comercio?
Natalie Budiño, é a propietaria da librería “Os mundos de Carlota”, e tras o asesoramento ofrecido polas técnicas da Federación, ten claro como facilitar o acceso e o uso do seu comercio ás persoas con TEA, a través de medidas de accesibilidade cognitiva tan sinxelas como estas: “sinalización dos espazos, distribución ordenada de los produtos e ter unha boa iluminación para que todas os clientes se sentan cómodos”.
Á hora da comunicación, Natalie tamén o te claro: “unha maneira da falar tranquila e pausada, o uso dunha linguaxe sinxela e dar máis tempo a quen o necesite”, son aspectos fundamentais para ter unha boa comunicación e interacción coas persoas con TEA.
Considérase que un comercio conta coas medidas de accesibilidade cognitiva necesarias, cando todas as persoas poden acceder á información e facer uso do mesmo dun xeito autónomo.
Como podes facer que o teu comercio tamén sexa accesible?
- Distribúe os produtos dunha forma ordenada.
- Evita cambios na distribución dos produtos.
- Sinaliza con apoios visuais, os produtos por categorías.
- Utiliza una sinalética clara: pictogramas, imaxes, cores.
- O material da sinalética debe ser mate, para evitar que reflicte.
- Utiliza lectura fácil nos teus carteis.
- A letra dos carteis debe ser facilmente lexible.
- Pon os carteis a unha altura adecuada (120cm – 150cm).
- Dispón de mobiliario transparentes para que a persoa vexa o que hai no seu interior.
Evita unha sobreestimulación sensorial:
- Dispón dunha boa iluminación no comercio.
- Elimina os elementos que poden distraer a atención ou provocar malestar nas persoas con TEA como ruido ou música de fondo.
- Coida a climatización do teu local.
Como podes mellorar a túa comunicación coas persoas con TEA?
- Diríxete á persoa que fala e non ó seu acompañante.
- Utiliza unha linguaxe clara e sinxela.
- Utiliza unha linguaxe adecuada a súa idade, non infantilizado
- Fala dunha forma pausada.
- Realiza preguntas claras e directas.
- Escoita con paciencia e deixa tempo para responder.
- Non te anticipes finalizando a súa mensaxe.
- Non é necesario falar nun tono máis elevado.
- Asegúrate que comprende o que dis.
- Senón entendeu algo, repíteo doutra forma.
- No caso de que a persoa utilice axudas técnicas, non debes manipulala sen o seu permiso.
Proxecto TEAtende subvencionado pola Deputación da Coruña