Os servizos sociosanitarios ou as consultas, non sempre se adaptan flexiblemente as necesidades que presenta unha persoa con TEA, sobre todo a aquelas derivadas das dificultades específicas do seu trastorno e que están relacionadas coa comunicación e a interacción social, así como cara as dificultades que poden presentar pola súa hipersensibilidade ou hiposensibilidade.
Con 1 de 100 Plus, preténdese paliar as necesidades específicas das persoas con TEA por medio do aumento do coñecemento especializado en accesibilidade cognitiva dos profesionais que se dedican a atención da saúde. Buscamos contribuír á toma de conciencia, traducida na adopción de medidas baixo uns criterios de especialización en accesibilidade cognitiva, para favorecer a comprensión e utilización dos espazos e servizos dos especialistas -especialmente por parte das persoas con TEA e outros colectivos con dificultades cognitivas e de comunicación- sen excluír a ninguén.

Subvencionado pola Deputación da Coruña.