Os estados deben asegurar que as persoas con discapacidade poidan acceder á educación primaria e secundaria, á formación profesional, á ensinanza de adultos e ó aprendizaxe permanente sen discriminación e en igualdade de condicións que os demais.
A educación deberá facer os axustes razoables en función das necesidades individuais, prestar os apoios precisos e facilitar as medidas personalizadas e efectivas en contornas que fomenten ao máximo desenvolvemento académico e social, empregar os materiais, as técnicas educativas e os medios e os formatos de comunicación alternativos e aumentativos para que todo o alumnado poida alcanzar o máximo desenvolvemento académico e social de conformidade có obxectivo da plena inclusión.
O feito de que diferentes espazos do teu centro educativo, conten con medidas de accesibilidade cognitiva, permitirá acceder e facer uso do mesmo máis doadamente as distintas persoas que conforman a comunidade educativa, contemplando así a diversidade cognitiva, funcional, sensorial, cultural, educativa e xeracional. Por iso, a implantación do programa de atención ao alumnado con TEA: accesibilidade cognitiva nas contornas educativas, vai dirixido á toda a comunidade educativa:
- Persoas con Trastornos do Espectro do Autismo.
- Persoas con discapacidades cognitivas e sensoriais.
- Persoas estranxeiras ou que non falan o idoma.
- Persoas maiores ou adultos con dificultades na lectoescritura.
- Nenos/as pequenos/as.
- Profesionais do sector e dos servizos adaptados.
- Público en xeral, que se beneficiará das melloras na accesibilidade dos espazos e terá ocasión de tomar con tacto cós sistemas alternativos de comunicación.