O PROXECTO

1 de 100 Plus pretende formar a especialistas dos diferentes colexios profesionais, ademais de contribuír á sensibilización, á mellora do coñecemento dos profesionais colexiados e a tecer redes de colaboración por medio de conferencias formativas altruístas.

Esta iniciativa pretende incidir sobre a necesidade fundamental de ter profesionais formados en accesibilidade cognitiva e na especialización de TEA, que palíen o descoñecemento e vulnerabilidade có que frecuentemente se atopan na atención e no acceso aos servizos, tanto as persoas con TEA como as súas familias.

A concienciación e a implementación do deseño para todos como único proceso para conseguir que o maior número de persoas (con independencia da súa idade, condición ou capacidade) poidan comprender, usar e desfrutar dun servizo profesional.