COMO ESTABLECER UNHA COMUNICACIÓN EFICAZ

“Como establecer unha comunicación eficaz”, é un documento dirixido aos comerciantes do comercio de proximidade da cidade de Santiago de Compostela. O documento, recolle unha serie de pautas ou recomendacións, orientadas a mellorar a comunicación, o trato e a interacción, entre os comerciantes e as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo.

O obxectivo final é facilitar ás persoas con autismo o acceso e uso do comercio dun xeito autónomo, mellorando así a súa calidade de vida.

Algunha vez tiveches a sensación de non saber comunicarte ou non ser entendido?

É probable que nalgún momento das nosas vidas, todas as persoas tivésemos esa sensación. Agora, imaxina que esa sensación repítese a diario cada vez que vas a facer algo cotiá como por exemplo, ir a mercar.

No caso das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, unha das áreas principais na que se presentan grandes dificultades é a comunicación e a interacción social. Isto, dificulta a integración da información procedente das contornas, o que da como resultado o difícil acceso e uso dos diferentes servizos que a sociedade pon á nosa disposición.

Pensaches algunha vez se unha persoa con TEA entrou no teu comercio? Saberías como comunicarte dun xeito máis eficaz cunha persoa con TEA?

Efectivamente, as persoas con TEA ao igual que o resto da poboación, son usuarias do teu comercio. Pero, cres que as persoas con autismo teñen as mesmas oportunidades que o resto da poboación á hora de acceder e facer uso do teu comercio?

Neste caso, á resposta é negativa. As dificultades que as persoas con TEA presentan na comunicación e a interacción social, sumadas ao descoñecemento dos comerciantes sobre como favorecer devandita comunicación, fai que as persoas con autismo non podan acceder aos comercios en igualdade de condicións que o resto da poboación.

Co obxectivo de facer do teu comercio, un comercio accesible, favorecendo así o uso e acceso das persoas con TEA, dende a Federación recollemos as necesidades que o colectivo atopa á hora de comunicarse no comercio.

Tendo en conta estas necesidades, elaboramos unha serie de recomendacións recollidas no documento que aquí atopas, que te axudarán a establecer unha comunicación e unha interacción máis eficaz coas persoas con TEA, facendo o teu comercio máis accesible, e facilitando o uso do mesmos a todas as persoas e en especial, ás persoas con autismo.