O PROXECTO

O proxecto de accesibilidade cognitiva nas contornas educativas de Federación Autismo Galicia, ten como obxectivo transformar os centros educativos e facelos máis accesibles, atendendo a que todas e cada unha das persoas teñan as mesmas oportunidades para recibir e aproveitar ao máximo os contidos da docencia ou das actividades desenvoltas no espazo escolar, de xeito autónomo –coas axudas técnicas e persoais precisas- independentemente das capacidades físicas, cognitivas, sensoriais, económicas ou culturais.

Non só o alumnado, senón que todos os integrantes da comunidade educativa (persoal docente, PAS, familiares e visitantes) desfrutarán e poderán beneficiarse das medidas en accesibilidade aplicadas. Para iso é imprescindible que os espazos, servizos e programas educativos estean deseñados de xeito que integren e respecten toda a heteroxénea, promovan e faciliten o desenvolvemento de todos os aspectos da persoa de maneira que haxa igualdade de oportunidades efectiva a todos os niveis.