As farmacias como puntos sanitarios de cercanía
As farmacias son puntos sanitarios de cercanía onde xúntase diversidade de perfís de xente a diario: tanto maiores, como novos, como estranxeiros, persoas con dificultades, etc., polo que unha visión dende a transformación accesible cognitivamente da contorna, será beneficiosa para toda a cidadanía, proporcionando un servizo de calidade — maior capacidade e autonomía de vida— e o máis axeitado ás necesidades de cada un.
Consulta ou descarga a Farmacia TEAtende. GUÍA DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA nas boticas.
A comprensión facilitada das contornas onde as persoas viven, conviven e realizan certas actividades benefician non só ás persoas con discapacidade –intelectual ou do neurodesenvolvemento-, ou con diversas dificultades a nivel xeral, senón tamén persoas maiores que teñen déficits cognitivos e de comprensión que lles poden levar a non comprender as contornas que non lles son familiares, ou mesmamente, os estranxeiros que descoñecen o idioma do sitio no que se atopan, por exemplo.
Como podes facer que o teu comercio tamén sexa accesible?
- Distribúe os produtos dunha forma ordenada.
- Evita cambios na distribución dos produtos.
- Sinaliza con apoios visuais, os produtos por categorías.
- Utiliza una sinalética clara: pictogramas, imaxes, cores.
- O material da sinalética debe ser mate, para evitar que reflicte.
- Emprega lectura fácil nos teus carteis.
- A letra dos carteis debe ser facilmente lexible.
- Pon os carteis a unha altura axeitada (120cm – 150cm).
- Dispón de mobiliario transparente para que a persoa vexa o que hai no seu interior.
- Evita unha sobreestimulación sensorial:
- Dispón dunha boa iluminación no comercio.
- Elimina os elementos que poden distraer a atención ou provocar malestar nas persoas con TEA como ruído ou música de fondo.
- Coida a climatización do teu local.
Como podes mellorar a túa comunicación coas persoas con TEA?
- Diríxete á persoa que fala e non ó seu acompañante.
- Emprega unha linguaxe clara e sinxela.
- Utiliza unha expresión axeitada a súa idade, non infantilizado.
- Fala dunha forma pausada.
- Realiza preguntas claras e directas, sen dobres sentidos.
- Escoita con paciencia e deixa tempo para responder.
- Non te anticipes finalizando a súa mensaxe.
- Non é necesario falar nun ton máis elevado.
- Asegúrate que comprende o que dis. Repítelle reformulando o discurso.
- Se a persoa non entendeu algo, repíteo doutra forma adaptándote a ela.
- No caso de que a persoa utilice axudas técnicas, non debes manipulalas sen o seu permiso.
Subvencionado pola Deputación da Coruña.