NORMATIVA ESTATAL
A accesibilidade cognitiva está recoñecida como un dereito universal das persoas, polo que se aplica tanto ás persoas con e sen discapacidade. Así o recolle o Artigo 9 da Convención sobre os Dereitos de Persoas con Discapacidade (Organización de Nacións Unidas, 2006) aprobada pola Asemblea Xeral da Organización de Nacións Unidas el 13 de decembro de 2006, ratificada e en vigor en España dende o 30 de marzo de 2007.ç
Esta modificación normativa define a accesibilidade cognitiva, dentro do marco xeral de accesibilidade universal; e establece os ámbitos, condicións e prazos nos que será esixible; dispón a creación do Centro de Referencia Estatal de Accesibilidade Cognitiva; incluíndo esta nova dimensión no Plan Nacional de Accesibilidade habilitando ao Goberno de España para a abordaxe de distintos desenvolvementos regulamentarios na materia, entre outras cuestións.
Neste Decreto queda reflectido o dereito á igualdade de oportunidades e trato das persoas con discapacidade en igualdade de condicións respecto ao resto de cidadáns, a través da promoción da autonomía persoal, da accesibilidade universal, do acceso ao empleo, da inclusión na comunidade e na vida independente e da erradicación de toda forma de discriminación.
Nos seus Artigos 7 e 19, faise referencia á sinalización e á información como medidas de accesibilidade cognitiva, que permitan o acceso e a utilización tanto dos edificios como dos espazos públicos urbanizados, respectivamente, a todas as persoas de forma autónoma.
Devandito Decreto, fai referencia ó uso dos diferentes Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación (SAAC) e outras medidas de accesibilidade cognitiva, que permitan a todas as persoas o acceso á información que proporcionan as tecnoloxías e medios de comunicación.
Faise referencia á sinalización e información, como medidas de accesibilidade cognitiva, que faciliten o uso autónomo dos diferentes medios de transporte.
NORMATIVA AUTONÓMICA
Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade.
A presente Lei ten por obxecto garantir ás persoas con discapacidade a igualdade de oportunidades en relación coa accesibilidade universal e o deseño para todos respecto ás contornas, procesos, bens, produtos e servizos, así como en relación cos obxectos ou instrumentos, ferramentas e dispositivos, de modo que os mesmos se fagan comprensíbeis, utilizábeis e practicábeis por todas as persoas, en igualdade de condicións de seguridade e comodidade e do xeito máis autónoma e natural posible.