COMO SE DESENVOLVE O SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA?

A metodoloxía empregada para levar a cabo o servizo de accesibilidade cognitiva, ten como bases a colaboración e a coordinación entre a Federación Autismo Galicia e o organismo no que levarán a cabo as medidas de accesibilidade cognitiva.

Esta metodoloxía colaborativa e de coordinación, desenvolverase mediante o establecemento de fases, que se dividen en tres bloques fundamentais: planificación, execución e avaliación do servizo. Trátase este, dun servizo activo e dinámico, atopándose sempre en continuo cambio e mellora.

Para facer deste, un mundo máis accesible, faise imprescindible a sensibilización dos diferentes sectores e servizos da nosa sociedade, facéndolles conscientes da necesidade de establecer medidas de accesibilidade cognitiva, que faciliten o acceso e o uso dos servizos, a todas as persoas.

Para iso, a Federación Autismo Galicia reivindica os dereitos das persoas con  TEA e os das súas familias, así como a igualdade de oportunidades educativas, sociais e laborais, converténdose nun referente na concienciación sobre o autismo, da Comunidade Autónoma de Galicia.