COMERCIO ACCESIBLE

“O barrio accesible: comercio TEAtende”

O proxecto “O barrio accesible: comercio TEAtende”, nace da necesidade de dar respostas ás dificultades de comunicación que poden xurdir entre as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e os comerciantes da Cidade de Santiago de Compostela, e das barreiras de accesibilidade cognitiva que o colectivo con TEA atopa nos comercios da cidade.

FORMULARIO: SOLICITA AS TÚAS RECOMENDACIÓNS

Es comerciante da cidade de Santiago de Compostela? Dende a Federación Autismo Galicia elaboramos un formulario para que nos axudes a coñecer as túas necesidades.

Dende o proxecto “O barrio accesible: comercio TEAtende”, a  Federación Autismo Galicia queremos seguir coñecendo as necesidades sobre accesibilidade cognitiva no teu comercio e  as túas necesidades na comunicación, trato e interacción coas persoas con TEA.

Con esta finalidade, dende a Federación elaboramos un formulario que poderás responder axudándonos a coñecer as túas necesidades, para poder elaborar unha resposta axustada ás mesmas.

Proxecto TEAtende subvencionado pola Deputacion da Coruña