COLEXIO de TERAPIA OCUPACIONAL

PROPOSTA: COLEXIO OFICIAL DE TERAPEUTAS OCUPACIONAIS DE GALICIA

As persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) poden ter dificultades na comunicación social e na inflexibilidade de pensamento e de conduta, ademáis de dificultades por exemplo, no desenvolvemento da autonomía, no desenvolvemento físico e na integración sensorial.

Os servizos sociosanitarios ou as consultas de intervención, non sempre se adaptan flexiblemente ás necesidades que presenta unha persoa con TEA (Trastorno do espectro do autismo).  Aquelas características derivadas das dificultades específicas do autismo e que están relacionadas coa comunicación e a interacción social, así como cara as dificultades que poden presentar pola súa hipersensibilidade ou hiposensibilidade, configuran barreiras no trato e desenvolvemento autónomo do paciente.

A concienciación e a implementación do deseño para todos como único proceso para conseguir que o maior número de persoas (con independencia da súa idade, condición ou capacidade) poidan comprender, usar e desfrutar dun servizo profesional. Neste eido, grazas á colaboración con o Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia, traballamos man con man para mellorar a accesibilidade cognitiva no trato có paciente autista na consulta do dentista.

Para iso, traballamos na sensibilización e na formación especifica en autismo e máis en accesibilidade cognitiva xunto aos colexiados e colexiadas de terapia ocupacional. Por medio dun seminario formativo dotamos de ferramentas prácticas e axeitadas, aos terapeutas, para a comunicación e a empatía entre o profesional e o paciente autista.

FORMACIÓN

O Colexio Oficial de Terapia Ocupacional de Galicia, en colaboración coa Federación Autismo Galicia, organizou o seminario en liña: «Proxecto 1 de 100 Plus» subvencionado pola Deputación da Coruña.

O principal obxectivo desta xornada de formación e sensibilización, dirixida a colexiadas e colexiados, foi proporcionar coñecemento específico e recursos prácticos en accesibilidade cognitiva e no trastorno do espectro do autismo (TEA) para contribuír a xerar espazos comprensibles que garantan a participación de forma autónoma das persoas con TEA.

Na xornada formativa incidouse nas estratexias en estas medidas de accesibilidade cognitiva, e  reflexionamos sobre a importancia de controlar os estímulos ambientais, atendendo á organización do espazo de traballo, as características sensoriais (visuais, auditivas, vestibulares, etc.), as funcións executivas (abstracción, planificación) e a unha mellora na comprensión para facilitar o acceso a intervención terapéutica á persoa con TEA

A conferencia tivo unha duración aproximada de dúas horas e segue unha metodoloxía teórico-práctica baseada nos contidos conceptuais e dinámicas de participación en accesibilidade cognitiva, ademais de subliñar as características propias do TEA.

Se pertences a un colexio profesional, e queres recibir información destas actuacións en accesibilidade cognitiva ou outras propostas contáctanos en accesibilidade@autismogalicia.org

MATERIAIS EN ACCESIBILIDADE

A maioría das persoas con TEA (Trastorno do Espectro do Autismo) e as súas familias, acoden regularmente a servizos de intervención sociosanitarios para recibir terapia para á axuda ao seu desenvolvemento persoal e social. Na consulta dos terapeutas ocupacionais, mais da avaliación do desevolvemento da persoa con TEA, o profesional de terapia ocupacional pode abordar diferentes dificultades nas persoas con TEA, como por exemplo:

  • A falta de interese pola interacción social que vai a ter un impacto sobre a participación, exploración e desenvolvemento do xogo.
  • A afectación da comunicación verbal e non verbal que vai a inflúe na participación nas relacións sociais, de educación e familiares.
  • Intereses restrinxidos que repercuten nun lecer limitado ou nulo.
  • A alteración do procesamento sensorial que xera un impacto sobre a alimentación, gustos limitados e falta de regulación sensorial impedindo así unha boa aprendizaxe.
  • Diminución de ton muscular, control muscular, mala coordinación, dificultades de praxes, entre outras consecuencias.
  • Rutinas inflexibles que poden interferir sobre as actividades da vida diaria e a súa autonomía persoal (AVD’S).

Subvencionado pola Deputación da Coruña.