COMO O FACEMOS?

SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA 

Na nosa labor por contribuír á creación de espazos accesibles, a Federación Autismo Galicia desenvolve dende o ano 2013 o Programa de Accesibilidade Cognitiva, converténdonos en referentes especializados na materia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ao longo de todos estes anos, a Federación Autismo Galicia colocou máis de 11.000  pictogramas, tanto en espazos públicos como privados dos diferentes ámbitos educativo, social e sanitario, acompañados sempre de accións formativas sobre Trastorno do Espectro do Autismo e Accesibilidade Cognitiva.

Este servizo lévase a cabo por persoal especializado en materia de trastorno do espectro do autismo e coñecemento específico en accesibilidade cognitiva aplicada ó mesmo. Este servizo constitúese no marco de colaboración entre a rede asociativa da entidade, sendo garantía de homoxeneidade na aplicación de medidas de accesibilidade cognitiva na Comunidade Autónoma de Galicia.