FARMACIA ACCESIBLE

Proxecto Farmacia TEAtende

A accesibilidade e parte da liberdade de calquera persoa -paciente ou sa- no ámbito dunha oficina de farmacia. A liberdade para solicitar consello sanitario cualificado e a seguridade de obter unha resposta satisfactoria, debe ser prioridade. É por iso que neste ámbito, a definición de accesibilidade adquire todo o seu senso na procura da autonomía e capacidade persoais.

O noso proxecto en accesibilidade cognitiva nas farmacias está subvencionado pola Deputación da Coruña, e conta coa colaboración do COFC (Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña), a raíz da iniciativa da Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de accesibilidade cognitiva na contorna próxima.

Subvencionado pola Deputación da Coruña.