PROPOSTA: COLEXIO OFICIAL DE FISIOTERAPIA DE GALICIA
Os servizos sociosanitarios ou as consultas de intervención, non sempre se adaptan flexiblemente ás necesidades que presenta unha persoa con TEA (Trastorno do espectro do autismo). Aquelas características derivadas das dificultades específicas do autismo e que están relacionadas coa comunicación e a interacción social, así como cara as dificultades que poden presentar pola súa hipersensibilidade ou hiposensibilidade, configuran barreiras no trato e desenvolvemento autónomo do paciente.
A concienciación e a implementación do deseño para todos como único proceso para conseguir que o maior número de persoas (con independencia da súa idade, condición ou capacidade) poidan comprender, usar e desfrutar dun servizo profesional. Neste eido, grazas á colaboración con o Colexio Oficial de Fisioterapia de Galicia, traballamos man con man para mellorar a accesibilidade cognitiva no trato có paciente autista na consulta do dentista.
O autismo é unha condición de diagnóstico complexo que provoca, entre outros síntomas, dificultades neuromotoras. Para iso, traballamos na sensibilización e na formación especifica en autismo e máis en accesibilidade cognitiva xunto aos colexiados e colexiadas de fisioterapia. Por medio dun seminario formativo dotamos de ferramentas prácticas e axeitadas, aos fisioterapeutas a comunicación e a empatía entre o profesional e o paciente autista.
FORMACIÓN
O Colexio Oficial de Fisioterapia de Galicia, en colaboración coa Federación Autismo Galicia, organizou o seminario en liña: «Proxecto 1 de 100 Plus» subvencionado pola Deputación da Coruña.
O principal obxectivo desta xornada de formación e sensibilización, dirixida a colexiadas e colexiados, foi proporcionar coñecemento específico e recursos prácticos en accesibilidade cognitiva e no trastorno do espectro do autismo (TEA) para contribuír a xerar espazos comprensibles que garantan a participación de forma autónoma das persoas con TEA.
A conferencia tivo unha duración aproximada de dúas horas e segue unha metodoloxía teórico-práctica baseada nos contidos conceptuais e dinámicas de participación en accesibilidade cognitiva, ademais de subliñar as características propias do TEA.
Se pertences a un colexio profesional, e queres recibir información destas actuacións en accesibilidade cognitiva ou outras propostas contáctanos en accesibilidade@autismogalicia.org
MATERIAIS EN ACCESIBILIDADE
A maioría das persoas con TEA (Trastorno do Espectro do Autismo) e as súas familias, acoden regularmente a servizos de intervención sociosanitarios para recibir terapia para á axuda ao seu desenvolvemento persoal e social. Polo tanto, os pacientes con TEA e os seus familiares veranse beneficiados, xa que se atoparán con profesionais da fisioterapia con maior coñecemento e recursos de cara o trato interpersoal e a intervención terapéutica.
Sendo as consultas de fisioterapia unhas das máis demandadas polos pacientes con TEA, a causa das súas doenzas ou rehabilitación, e necesario dotar aos profesionais de recursos e estratexias específicas para o trato e atención especializada da persoa con TEA e as súas familias.
A formación terá en conta as achegas nas particularidades que presentan os pacientes con este tipo de trastorno do neurodesenvolvemento tanto a nivel de comunicación e relación social, como de inflexibilidade nos procesos.
Subvencionado pola Deputación da Coruña.