Mellorar a accesibilidade dun centro educativo e facelo máis accesible cognitivamente, é conseguir que todas as persoas implicadas neste proceso empreguen de xeito autónomo todos e cada un dos servizos e espazos que nel se ofertan e, por iso, deberanse considerar as necesidades -comúns e específicas- derivadas da diversidade humana.
Polo tanto, si falar de accesibilidade é falar de igualdade de oportunidades e de participación, un centro accesible cognitivamente deberá dar cabida as casuísticas que forman parte da pluralidade dentro da nosa sociedade, e mais concretamente, de portas cara a dentro dos espazos educativos.
O proxecto de accesibilidade cognitiva nas contornas educativas de Autismo Galicia, promove que todas as persoas poidan empregar os servizos e os espazos dunha maneira autónoma e independente; ao mesmo tempo, e ante a necesidade de coñecemento e de establecer estratexias concretas, pretendemos con este servizo afianzar unha vía de sensibilización social cara o colectivo TEA, podéndose dar a coñecer así as súas necesidades e características propias.