Dende o noso proxecto de accesibilidade nas contornas educativas, contribuímos á creación de espazos accesibles e que todas as persoas poidan empregar estes recursos dun xeito autónomo e independente, incrementando a súa participación activa na sociedade.
Se tomamos de referencia a Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de Educación, no seu articulado atopámonos:
Artigo 19. Principios pedagóxicos. 1. Nesta etapa porase especial énfase en garantir a inclusión educativa; na atención personalizada ao alumnado e ás súas necesidades de aprendizaxe, participación e convivencia; na prevención das dificultades de aprendizaxe e na posta en práctica de mecanismos de reforzo e flexibilización, alternativas metodolóxicas ou outras medidas adecuadas tan pronto como se detecte calquera destas situacións.
Artigo 20. Alumnado con necesidades educativas especiais. 1. A escolarización do alumnado que coida necesidades educativas especiais rexerase polos principios de normalización e inclusión, e asegurará a súa non discriminación e a igualdade efectiva no acceso e na permanencia no sistema educativo. 2. As administracións educativas establecerán as condicións de accesibilidade e deseño universal e os recursos de apoio, humanos e materiais, que favorezan o acceso currículo do alumnado con necesidades educativas especiais, e adaptaranse ós instrumentos, e no seu caso, ós tempos e apoios que aseguren unha correcta avaliación deste alumnado.
Beneficios do servizo:
- Impleméntase a utilización de axustes razoables que removen os obstáculos na contorna converténdoos en espazos accesibles, có obxectivo de que as persoas con discapacidade poidan desprazarse e desenvolverse dun xeito máis igualitario e autónoma, mellorando a súa calidade de vida.
- Feito de levar a cabo estes axustes razoables en espazos e servizos comunitarios é unha acción de educación pública, dado que a sociedade tomará conciencia, coñecerá o seu uso e utilidade e servirán de exemplo de inclusión e sensibilización.
- Supón a incorporación de políticas de accesibilidade nas actuacións da Administración pública e outros servizos próximos as persoas con TEA.