ONDE SE DESENVOLVE?

O SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA da Federación Autismo Galicia prestarase en diferentes contextos como o educativo, social e sanitario, co obxectivo de que todas as persoas poidan utilizalos dunha maneira autónoma e independente.

Calquera contorna pode ser accesible?

O obxectivo de Autismo Galicia é contribuír á creación de contornas accesibles tendo en conta os diferentes contextos. Podemos achegarnos ó teu colexio, ó centro de saúde ou ó Concello da túa cidade, así como a unha gran variedade de espazos lúdicos, culturais e sociais, como piscinas, casas de cultura ou bibliotecas.