PROXECTOS ACCESIBILIDADE

A Federación Autismo Galicia, contempla unha ampla traxectoria no desenvolvemento de accións enfocadas á mellora da accesibilidade cognitiva nas contornas na nosa comunidade. A través dos diferentes proxectos enmarcados nun servizo de proximidade, onde desenvolvemos o día a día as persoas, damos visibilidade á necesidade dunha sensibilización social cara a implantación de medidas accesibles que engloben a toda a xente sen excepción.

O SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA da Federación Autismo Galicia, elabora e promove accións concretas para transformar e sensibilizar a nosa sociedade fomentando que as persoas con trastorno do espectro do autismo -e outras dificultades cognitivas-, poidan ter o mesmo acceso aos servizos, produtos, bens e instrumentos da súa contorna por medio de proxectos en accesibilidade cognitiva de eido local.