COLEXIO de ODONTOLOXÍA

PROPOSTA: COLEXIO OFICIAL DE ODONTOLOXÍA DE GALICIA

Os servizos sociosanitarios ou as consultas de intervención, non sempre se adaptan flexiblemente ás necesidades que presenta unha persoa con TEA (Trastorno do espectro do autismo).  Aquelas características derivadas das dificultades específicas do autismo e que están relacionadas coa comunicación e a interacción social, así como cara as dificultades que poden presentar pola súa hipersensibilidade ou hiposensibilidade, configuran barreiras no trato e desenvolvemento autónomo do paciente.

A concienciación e a implementación do deseño para todos como único proceso para conseguir que o maior número de persoas (con independencia da súa idade, condición ou capacidade) poidan comprender, usar e desfrutar dun servizo profesional. Neste eido, grazas á colaboración con o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de A Coruña, traballamos man con man para mellorar a accesibilidade cognitiva no trato có paciente autista na consulta do dentista.

Para iso, traballamos na sensibilización e na formación especifica en autismo e máis en accesibilidade cognitiva xunto aos colexiados e colexiadas de odontoloxía. Por medio dun seminario formativo dotamos de ferramentas prácticas e axeitadas, aos odontólogos e odontólogas, para a comunicación e a empatía entre o profesional e o paciente autista.

FORMACIÓN

O Colexio Oficial de Odontoloxía e Estomatoloxía de A Coruña, en colaboración coa Federación Autismo Galicia, organizou o seminario en liña: «Proxecto 1 de 100 Plus» subvencionado pola Deputación da Coruña.

O principal obxectivo desta xornada de formación e sensibilización, dirixida a colexiadas e colexiados, foi proporcionar coñecemento específico e recursos prácticos en accesibilidade cognitiva e no trastorno do espectro do autismo (TEA) para contribuír a xerar espazos comprensibles que garantan a participación de forma autónoma das persoas con TEA.

A conferencia tivo unha duración aproximada de dúas horas e segue unha metodoloxía teórico-práctica baseada nos contidos conceptuais e dinámicas de participación en accesibilidade cognitiva, ademais de subliñar as características propias do TEA.

Se pertences a un colexio profesional, e queres recibir información destas actuacións en accesibilidade cognitiva ou outras propostas contáctanos en accesibilidade@autismogalicia.org

MATERIAIS EN ACCESIBILIDADE

A maioría das persoas con TEA (Trastorno do Espectro do Autismo) e as súas familias, acoden regularmente a servizos de intervención sociosanitarios para recibir terapia para á axuda ao seu desenvolvemento persoal e social.

No caso da atención na clínica de odontoloxía, é unha das consultas de cotío, onde acoden pacientes con autismo. Cando acudimos ao dentista, pode ser por algo relacionado coa saúde bucodental , ou mesmo para verificar a nosa hixiene dental.

Este documento forma parte da campaña de recursos para a Accesibilidade Cognitiva en colexios profesionais: Tips de Accesibilidade Cognitiva en ODONTOLOXIA elaborados pola Federación Autismo Galicia

Tamén é usual ir ao odontólogo/a cando hai problemas na alienación da dentición, infeccións na boca, dor ou molestia bucodental, dificultades na mordida, extraccións ou empastes de pezas dentais, e moitas outras que poden variar na súa importancia ou gravidade.

Debido as características propias do autismo, as persoas con TEA terán barreiras comunicativas directas, ou na flexibilidade ante determinadas situacións ou prácticas da clínica dental. É importante por elo, poñer foco na empatía e nas boas prácticas dentro e fora da consulta, para facilitar e mellorar a participación das persoas con autismo cando acoden aos/as dentistas.

Subvencionado pola Deputación da Coruña.