A atención ao paciente realízase baixo unha perspectiva de humanización e mellora da asistencia individualizada. Isto permite derrubar obstáculos e as barreiras que impiden unha atención centrada nas características propias do paciente, así como tamén para o profesional no seu exercicio laboral.
A través da execución de conferencias formativas -como acción encamiñada a tecer redes de cooperación entre os colexios profesionais e a Federación Autismo Galicia- o proxecto 1 de 100 Plus, dará unha importante proxección á necesidade de implementar melloras en accesibilidade cognitiva nos servizos de atención e apoio terapéutico, para achegar ao profesional (maila súa alta especialización para a intervención có paciente con TEA) a unha información especializada sobre accesibilidade cognitiva no desenvolvemento do seu servizo de atención e intervención ao paciente.
Subvencionado pola Deputación da Coruña.