«Nunca dubides que un pequeno número de cidadáns compremetidos, pode cambiar o mundo. De feito, só iso pode logralo». Margaret Mead, antropóloga cultural.
O obxectivo do proxecto “O barrio accesible: comercio TEAtende”, é a detección das necesidades que as persoas con TEA e as súas familias, atopan no comercio de proximidade da Cidade de Santiago de Compostela, así como as necesidades dos comerciantes para converter os seus comercios, nun comercio accesible.
O fin último do proxecto, é que as persoas con TEA e outros colectivos de persoas, con procesos cognitivos diferentes, poidan facer uso dos servizos que ofrece a comunidade, dun xeito autónomo.
FORMULARIO: SOLICITA AS TÚAS RECOMENDACIÓNS
Es comerciante da cidade de Santiago de Compostela? Dende a Federación Autismo Galicia elaboramos un formulario para que nos axudes a coñecer as túas necesidades.
Dende o proxecto “O barrio accesible: comercio TEAtende”, a Federación Autismo Galicia queremos seguir coñecendo as necesidades sobre accesibilidade cognitiva no teu comercio e as túas necesidades na comunicación, trato e interacción coas persoas con TEA.
Con esta finalidade, dende a Federación elaboramos un formulario que poderás responder axudándonos a coñecer as túas necesidades, para poder elaborar unha resposta axustada ás mesmas.

Proxecto TEAtende subvencionado pola Deputación da Coruña