O proxecto de accesibilidade cognitiva nas contornas educativas de Autismo Galicia, promove que todas as persoas poidan empregar os servizos e os espazos dunha maneira autónoma e independente; ao mesmo tempo, e ante a necesidade de coñecemento e de establecer estratexias concretas, pretendemos con este servizo afianzar unha vía de sensibilización social cara o colectivo TEA, podéndose dar a coñecer así as súas necesidades e características propias.
Se vós tamén buscades mellorar a accesibilidade do voso centro educativo, podedes escribirnos por vía electrónica, pinchando no seguinte enlace ó FORMULARIO ou no correo electrónico: accesibilidade@autismogalicia.org
Se preferides falar con nós por teléfono, no noso número de contacto 981 589 365 estaremos encantados de atenderte dun xeito máis directo.