Converte o teu comercio, nun espazo accesible para todos e todas.
Es comerciante da cidade de Santiago de Compostela? Dende a Federación Autismo Galicia elaboramos un formulario para que nos axudes a coñecer as túas necesidades.
Dende o proxecto “O barrio accesible: comercio TEAtende”, a Federación Autismo Galicia queremos seguir coñecendo as necesidades sobre accesibilidade cognitiva no teu comercio e as túas necesidades na comunicación, trato e interacción coas persoas con TEA.
Con esta finalidade, dende a Federación elaboramos un formulario que poderás responder axudándonos a coñecer as túas necesidades, para poder elaborar unha resposta axustada ás mesmas.