COLEXIO de PODOLOXÍA

.

PROPOSTA: COLEXIO OFICIAL DE PODÓLOGOS DE GALICIA

Os servizos sociosanitarios ou as consultas de intervención, non sempre se adaptan flexiblemente ás necesidades que presenta unha persoa con TEA (Trastorno do espectro do autismo).  Aquelas características derivadas das dificultades específicas do autismo e que están relacionadas coa comunicación e a interacción social, así como cara as dificultades que poden presentar pola súa hipersensibilidade ou hiposensibilidade, configuran barreiras no trato e desenvolvemento autónomo do paciente.

A concienciación e a implementación do deseño para todos como único proceso para conseguir que o maior número de persoas (con independencia da súa idade, condición ou capacidade) poidan comprender, usar e desfrutar dun servizo profesional. Neste eido, grazas á colaboración con o Colexio Oficial de Podoloxía de Galicia, traballamos da man para mellorar a accesibilidade cognitiva no trato có paciente autista.

Para iso, traballamos na sensibilización e na formación especifica en autismo e máis en accesibilidade cognitiva xunto aos colexiados e colexiadas de podoloxía. Por medio dun seminario formativo dotamos de ferramentas prácticas e axeitadas, aos podólogos e podólogas, para a comunicación e a empatía entre o profesional e o paciente autista.

FORMACIÓN

O Colexio Oficial de Podoloxía de Galicia, en colaboración coa Federación Autismo Galicia, organizou o seminario en liña: «Proxecto 1 de 100 Plus» subvencionado pola Deputación da Coruña.

O principal obxectivo desta xornada de formación e sensibilización, dirixida a colexiadas e colexiados, foi proporcionar coñecemento específico e recursos prácticos en accesibilidade cognitiva e no trastorno do espectro do autismo (TEA) para contribuír a xerar espazos comprensibles que garantan a participación de forma autónoma das persoas con TEA.

A conferencia tivo unha duración aproximada de dúas horas e segue unha metodoloxía teórico-práctica baseada nos contidos conceptuais e dinámicas de participación en accesibilidade cognitiva, ademais de subliñar as características propias do TEA.

Se pertences a un colexio profesional, e queres recibir información destas actuacións en accesibilidade cognitiva ou outras propostas contáctanos en accesibilidade@autismogalicia.org

MEDIDAS PARA A MELLORA DA ACCESIBILIDADE COGNITIVA EN PODOLOXÍA.

A maioría das persoas con TEA (Trastorno do Espectro do Autismo) e as súas familias, acoden regularmente a servizos de intervención sociosanitarios para recibir terapia para á axuda ao seu desenvolvemento persoal e social.

En este mes de outubro, estivemos xunto ao Colexio profesional de Podoloxía de Galicia, establecendo canles para a sensibilización e a transformación activa no eido da accesibilidade cognitiva nas consultas ou centros sociosanitarios, así como nas contornas das clínicas. Estas formacións permítennos achegar posturas e poñer en común coñecemento para mellorar a experiencia nestes contextos das persoas con  TEA, e dos seus acompañantes.

Ademais da formación, desenvolvimos unha campaña con medidas específicas en accesibilidade cognitiva para axudar á mellora da accesibilidade nos espazos podolóxicos. E tamén, para poder fomentar unhas ferramentas comunicativas e de relación dentro e fora das consultas podolóxicas.

Este documento forma parte da campaña de recursos para a Accesibilidade Cognitiva en colexios profesionais: Tips de Accesibilidade Cognitiva en Podoloxia elaborados pola Federación Autismo Galicia

No caso da atención podolóxica, sabemos que é unha das consultas máis usuais, onde acoden pacientes con autismo. Poden presentar problemas menores (coma escamaduras, unllas encarnadas, ou corte de unllas) ata  patoloxías ou doenzas máis importantes (como o pé de atleta, deformacións de pisada, hiperhidrosis plantar entre outras) que debido as características propias do autismo, terán barreiras comunicativas directas, ou na flexibilidade ante determinadas situacións ou prácticas podolóxicas.

Subvencionado pola Deputación da Coruña.